mancha

mancha

(< lat macŭla)

  1. s f

    Sinal de sucidade que aparece sobre unha cousa debido á presenza doutra substancia diferente.

  2. s f

    Pequena parte nunha superficie que é de diferente cor que a dominante.

  3. s f

    Enfermidade da pataca que se caracteriza pola presencia de partes de diferente cor na súa carne.

  4. s f

    Deshonra ou motivo de vergonza para unha persoa.

    Sinónimos: mácula.
  5. mancha amarela [ANAT]

    mácula lútea.

  6. mancha atrófica [PAT]

    Placa abrancazada semellante ás cicatrices que se produce na atrofia da pel.

  7. mancha branca [ANAT]

    Eminencia branca grisácea que se atopa, ás veces, na superficie ventricular anterior da válvula mitral.

  8. mancha cadavérica [ANAT]

    Cada unha das coloracións difusas, xeralmente líbidas, que se producen na parte en declive do cadáver, por acumulación mecánica do sangue (hipostase).

  9. mancha catódica [FÍS]

    Parte luminosa da superficie do cátodo dun tubo de gas con cátodo de arco onde se concentra a emisión electrónica.

  10. mancha cribosa [ANAT]

    mácula acústica.

  11. mancha de Bitot [ANAT]

    Cada unha das manchas, de forma triangular, brancas e secas, que aparecen na porción da conxuntiva correspondente á fisura palpebral.

  12. mancha de Janeway [PAT]

    Cada unha das áreas que se producen na pel, sobre todo nas mans, propias da endocardite infecciosa.

  13. mancha iónica [FÍS]

    Mancha escura que aparece na pantalla dos tubos catódicos de desviación magnética, que se produce por un efecto de bombardeo iónico.

  14. mancha mongólica [ZOOL]

    Mancha de cor azulada, que se situa na rexión lumbo-sacra, que se observa nos primeiros anos de vida dos individuos de raza amarela e que desaparece coa idade.

  15. mancha ocular [ANAT]

    Asociación de células fotosensibles e pigmentadas que forman grupos diferenciados.

  16. mancha rosada [PAT]

    Elemento dunha erupción máis ou menos discreta que aparece no abdome e na cara anterior do muslo durante a febre tifoide.

  17. mancha solar [ASTRON]

    Cada unha das rexións escuras de contornos irregulares que se observan na fotosfera solar. As manchas son rexións que presentan unha temperatura 1.500 K máis baixa que a das rexións veciñas, e que aparecen escuras por contraste. Presentan normalmente dúas zonas: unha interior, que é máis escura e recibe o nome de sombra, e outra exterior, máis clara, denominada penumbra. O diámetro medio das manchas é de 50.000 km. Comenza normalmente como un poro, o diámetro crece ata conseguir a dimensión máxima e despois redúcese ata desaparecer. Estes fenómenos teñen relación cos campos magnéticos localmente moi intensos. OBS: Tamén se denomina mácula.

  18. manchas de Koplik [PAT]

    manchas de Koplik.

Refráns

  • A mancha grande non hai xabrón que a lave.
  • Non che importe a mancha que sae con auga.
  • O golpe da tixola lixa, anque non doia.
  • O que unha mora tinxe, outra destinxe.
  • Quen con fariña anda, branco se pon.