Manises, cerámica de

Manises, cerámica de

Cerámica artesanal fabricada en Manises desde o s XIV ata o s XVIII. Estaba influenciada pola que se facía no oriente islámico, e era realizada por artesáns mudéxares. Caracterizouse polos reflexos metálicos dourados, en combinación coa pintura azul e vermella. O seu influxo sobre a gran cerámica italiana do s XVI fíxose patente na técnica do reflexo metálico que se aplicaba en Gubbio. A súa produción decaeu desde o segundo terzo do s XVI coa expulsión dos mouriscos levantinos (1610) e acentuouse no s XVIII, co uso de temas de estilo totalmente popular e un empeoramento progresivo da decoración dourada.

Palabras veciñas

Manisa | Manisa | Manises | Manises, cerámica de | manita | Manitoba | Manitoba