Manuel
Manuel
[HIST/HERÁLD]
Liñaxe castelá da Baixa Idade Media que tivo a súa orixe no infante Manuel, fillo pequeno de Fernando III o Santo e Beatriz de Suabia. O patrimonio familiar dos Manuel tiña o seu centro nas comarcas orientais de Castela, fronteirizas coa Coroa de Aragón (Alarcón e Villena). O seu máximo esplendor produciuse na segunda metade do s XIV.