Manuel Murguía, Certame de narracións breves
Manuel Murguía, Certame de narracións breves
[LIT]
Premio literario convocado en 1991 polo concello de Arteixo que rende homenaxe á figura de Manuel Murguía e fomenta a escrita do conto literario en galego. Concédese no mes de maio, coincidindo coas datas do nacemento e bautizo do escritor en Arteixo (días 17 e 18). Os relatos premiados publicáronse en edicións preparadas e prologadas por Henrique Rabuñal como Relatos (1995), Airadas de palabras (1998) e Tecendo panos (2000). Recibiron o premio autores como Xavier Alcalá e Afonso Álvarez Cáccamo. Paralelamente hai unha versión infantil e xuvenil do certame en que resultaron premiados Tania Vázquez (1997), Lucía Rial Riveiro (1998) e o colectivo Brincadeira (1999).