manuelino -na

manuelino -na

(< antropónimo Manuel I)

  1. adx

    Relativo ou pertencente a Manuel I de Portugal.

  2. [ARTE]
    1. adx

      Relativo ou pertencente ao manuelino.

    2. s m

      Estilo arquitectónico que se desenvolveu en Portugal na segunda metade do s XV e principios do s XVI, durante o reinado de Manuel I de Portugal. Trátase dun estilo basicamente ornamental en que, baixo unha base gótico-flamíxera, se engadiron elementos renacentistas de influencia oriental e abundantes motivos decorativos de tipo náutico e heráldico. Os monumentos máis representativos son o mosteiro de Santa Maria da Vitória de Batalha, obra de Mateus Fernandes, João de Castilho e o francés Boytac; o mosteiro dos Jerónimos de Belém, obra tamén de Boytac e João de Castilho; a igrexa do mosteiro de Tomar, de Diego Arruda; e a Torre de Belém de Francisco Arruda.

Palabras veciñas

Manuel, Pedro | Manuel/Manuela | Manuela | manuelino -na | manufactura | manufacturar | manufactureiro -ra