marchar

marchar

(< fr marcher)

  1. v i

    Deixar un lugar.

    Ex: Marchou da aldea para traballar na cidade.

    Sinónimos: partir.
  2. v i
    1. Moverse dun lugar a outro.

      Ex: Os nenos marchaban desanimados cara ó colexio.

      Confrontacións: camiñar.
    2. Andar en formación e marcando o paso.

      Ex: A banda marchaba interpretando o pasacalle Rolandito.

  3. v i

    Funcionar un artefacto ou unha máquina.

    Ex: Cambieille a pila ó reloxo e xa marcha.

  4. v i

    Desenvolverse ou evolucionar algo ou alguén na realización dalgunha cousa.

    Ex: Ultimamente non lle marchan ben os negocios.

  5. v i

    Practicar a modalidade atlética da marcha.

Frases feitas

  • Marchar cantando baixiño/marchar co rabo entre as pernas. Quedar avergoñado.

  • Marchar coma quen leva o demo detrás. Fuxir.

  • Marchar corrido cama un can/marchar coas orellas gachas. Ir humillado.

  • Marchar para o outro mundo. Morrer.

  • Marchar como alma que leva o demo. Irse alguén moi enfadado.

Conxugar
VERBO marchar
Forma verbal: Infinitivo

Indicativo

Presente Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
marcho
marchas
marcha
marchamos
marchades
marchan
Pretérito imperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
marchaba
marchabas
marchaba
marchabamos
marchabades
marchaban
Pretérito perfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
marchei
marchaches
marchou
marchamos
marchastes
marcharon
Pretérito pluscuamperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
marchara
marcharas
marchara
marcharamos
marcharades
marcharan
Futuro Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
marcharei
marcharás
marchará
marcharemos
marcharedes
marcharán
Condicional Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
marcharía
marcharías
marcharía
marchariamos
marchariades
marcharían

Subxuntivo

Presente Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
marche
marches
marche
marchemos
marchedes
marchen
Imperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
marchase
marchases
marchase
marchasemos
marchasedes
marchasen
Futuro Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
marchar
marchares
marchar
marcharmos
marchardes
marcharen

Imperativo

Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
-
marcha
-
-
marchade
-

Formas nominais

Infinitivo conxugado Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
marchar
marchares
marchar
marcharmos
marchardes
marcharen
Xerundio marchando
Participio marchado
marchada
marchados
marchadas