marcial
marcial
(< lat Martiāle ‘de Marte’)
-
adx
Relativo ou pertencente á guerra, á milicia ou aos militares.
-
adx
Que imita as maneiras militares no seu comportamento e na súa actitude.
Ex: Camiña con paso marcial.
-
adx
Que se move con aire decidido e firme.
Ex: Despois do seu ascenso viñéronlle os aires marciais.
-
adx
[MED]
Aplícase á preparación farmacéutica feita a base de ferro.
-
artes marciais
[DEP]
artes marciais.
-
corte marcial
[BÉL]
Tribunal militar excepcional.