Marcos
Marcos
[ONOM]
Antropónimo masculino que deriva do latín Marcus, nome teofórico romano co significado de ‘de Marte, dedicado ao deus Marte’. É avogoso dos meigallos e amansa os bois bravos. San Marcos é patrón dos concellos de Abegondo, Corcubión, Lousame e Trabada, onde o celebran o 25 de abril, e é titular de 4 parroquias. Recibiu este nome o evanxelista san Marcos. Presenta a variante Marco.