Marengo, Batalla de
Marengo, Batalla de
Batalla librada o 14 de xuño de 1800 na chaira de Marengo, preto de Alexandría (Piemonte) entre as tropas francesas, dirixidas por Napoleón I Bonaparte, e as austríacas, apostadas na rexión piemontesa-ligur. Bonaparte dirixiu a ofensiva contra os austríacos que, aínda que nun primeiro momento afundiron as liñas francesas, foron derrotados por aquelas no contraataque, coa chegada de novas tropas de apoio.