mareo

mareo

(< marear)

  1. s m

    Acción e efecto de marear ou marearse.

  2. s m [MED]

    Malestar xeral indeterminado, acompañado a miúdo de náuseas, palidez e sudación fría, ou mesmo vómitos, dor de cabeza, vertixe e ansiedade que é consecuencia dunha superestimulación do aparato vestibular do oído interno.

  3. s m

    Cansazo mental que se produce polo exceso de ruído ou traballo, ou polas dificultades para resolver un asunto.

    Ex: Ten un mareo que xa non ve por onde anda.

  4. s m

    Embriaguez lixeira.

    Ex: Ten un mareo polo que bebeu na festa.

Palabras veciñas

Marentes | Marentes | Marenzio, Luca | mareo | mareógrafo | mareograma | mareómetro