mareomotriz
mareomotriz
(< marea + motriz)
-
adx
Relativo ou pertencente á enerxía mareomotriz.
-
enerxía mareomotriz
[ENX]
Tipo de enerxía renovable que se basea na oscilación do nivel do mar en forma aproximadamente sinusoidal a causa das mareas. Aprovéitase a diferenza de niveis que ocasiona a marea para facer pasar auga de encoramento ao mar a través das canles de alimentación do grupo de turbinas da central mareomotriz.