margrave

margrave

(< al Markgraf, de mark ‘fronteira’ + graf ‘conde’)

s m [HIST]

Título outorgado aos funcionarios ou condes que se encargan de comandar as tropas e administrar xustiza nunha marca ou provincia fronteiriza do Imperio Carolinxio e o Sacro Imperio. Xerarquicamente inferior ao duque, acadou un poder similar a este, e gozou dunha situación de semiindependencia respecto do emperador cando o margraviato se fixo hereditario. No s XIX este título desapareceu ao acceder a dignidades superiores, como gran duque, elector ou rei.