María Tareixa I de Austria

María Tareixa I de Austria

ou María Tareixa de Habsburgo (Viena 1717 - 1780) Arquiduquesa de Austria, raíña de Hungría e de Bohemia (1740-1780) e emperatriz romano-xermánica, filla do Emperador Carlos VI. O seu pai, pola Pragmática de 1713, aseguroulle os dominios patrimoniais de Austria, pero cando morreu este en 1740, Federico II de Prusia invadiu Silesia (1740-1741) e o elector de Baviera foi proclamado emperador, co nome de Carlos VII (1742). Coa axuda de Inglaterra e Hungría, fixo coroar emperador en 1745, co nome de Francisco I, ao duque Francisco III de Lorena, co que casara en 1736. Pola Paz de Aquisgrán foi recoñecida a devandita coroación e a cesión de Silesia a Prusia, o ducado de Milán a Savoia e os ducados de Parma, Piacenza e Guastalla a España. Seguindo as directrices do seu ministro Kaunitz-Rietberg, iniciou reformas fiscais e administrativas, e reorganizou o exército.