Mariner

Mariner
[COSMON]

Serie de sondas planetarias lanzadas pola NASA (EE UU) e destinadas á exploración automática de Marte, Venus e Mercurio, ben entrando na súa órbita, ben sobrenvoándoos. O Mariner 1 e 2 foron proxectados para chegar ás proximidades de Venus a mediados de 1962. O Mariner 3 e 4, destinados a Marte, foron lanzados en novembro de 1964, e o segundo transmitiu as primeiras imaxes da superficie. O Mariner 5 (1967) sobrevoou Venus. O Mariner 6 (1969) e o Mariner 7 enviaron fotografías de Marte con máis resolución ca as anteriores. O Mariner H non se lle asignou o 8, porque fallou a súa inxección na órbita terrestre. O Mariner 9 (1971), foi o primeiro satélite artificial doutro planeta, e conseguiu transmitir imaxes que permitiron cartografar toda a superficie de Marte. O Mariner 10 (1973), pasou preto de Venus e de Mercurio, o que lle permitiu obter as primeiras imaxes detalladas destes planetas. Os Mariner 11 e 12 foron rebautizados como Voyager 1 e 2.