mariñeiro -ra

mariñeiro -ra

(< mariña)

  1. adx

    Relativo ou pertencente á xente do mar.

    Ex: Moaña é unha vila mariñeira.

  2. adx

    Que ten boas condicións de navegabilidade.

    Ex: A dorna que estaba pintando é moi mariñeira.

  3. s

    Persoa que se gaña a vida traballando nun barco de pesca.

    Ex: O meu mozo é mariñeiro e agora anda pescando en Mauritania.

    Sinónimos: mareante.
  4. s

    Persoa que serve nas manobras dun barco.

    Ex: A túa curmá traballa de mariñeira no transatlántico que chega hoxe a cidade.

  5. s

    Persoa que serve na mariña de guerra.

    Ex: Foi de mariñeiro nun destrutor á última guerra.

Refráns

  • Andarás mollado e morrerás infrado.
  • Lancha dentro, amigo fóra.
  • O mellor mariñeiro morre no mar, onde ninguén se pode descoidar.
  • O que é bo patrón nunca deixa o timón.
  • O que queira medrar, que viva en porto de mar.
  • O que sabe ser patrón sempre vai ao timón.
  • ¿Vas á rapeta? Andarás mollado, faraste a porreta e morrerás inflado.