mariscal
(< fr antigo mariscal < fráncico *marhskalk ‘o que serve oscabalos’)
-
[HIST]
-
s
m
Oficial que tiña ao seu cargo os cabalos reais. Carlomagno fixo deste cargo unha das tres grandes dignidades da súa corte, xunto cos de senescal e copeiro. Posteriormente, o mariscal pasou a ser un oficial do condestable de Francia. Cando se suprimiu esta dignidade (1627), o cargo de mariscal de Francia, que se creara en 1187, converteuse no de primeiro oficial do reino. No Reino de Castela o grao de mariscal apareceu no s XIV, e identificouse co de primeiro oficial do condestable. Despois da conquista de Granada converteuse nunha dignidade puramente honorífica.
-
gran mariscal/de corte/de palacio
Alto oficial da corte dun soberano.
-
mariscal do cónclave
Dignitario laico da corte pontificia que ten ao seu cargo a custodia do cónclave.
-
s
m
-
s
[BÉL]
Grao supremo da xerarquía militar en certos países como Francia, Alemaña, Italia e Rusia. Noutros países este grao ocupábao o mariscal de campo, creado en España por Filipe V como superior aos de coronel e brigadier, pero en 1889 foi substituído polo de xeneral de división.