Marsh, ensaio de
Marsh, ensaio de
[QUÍM/MED]
Método para a determinación de presenza de arsénico baseado na descomposición da arsina en arsénico gris e hidróxeno. Emprégase moito en medicina forense para descubrir os envelenamentos con arsénico. Foi proposto en 1836 polo químico James Marsh (Londres 1794 - Woolwich 1846).