martelo
(< lat tardío martellu, de martullu)
-
s
m
-
Ferramenta formada por unha peza xeralmente metálica, que é a que bate, unida a un mango delgado e longo, que se emprega en certos oficios para dar golpes.
-
[MED]
Instrumento que se emprega en medicina para percutir sobre determinadas partes co fin de realizar manobras exploratorias ou cirúrxicas.
-
[MED]
Instrumento para provocar reflexos tendinosos. OBS: Tamén se denomina martelo percutor.
-
-
-
s
m
[BÉL]
Peza do mecanismo de certas armas antigas de fogo e dos revólveres e pistolas actuais, que golpea sobre o percusor para provocar a explosión.
-
martelo electromagnético
[ENX]
Dispositivo formado por un electroimán, uns contactos e unha sucesión de espirais, de maneira que, por interrupcións rápidas e alternativas do circuíto da bobina, se produce unha sucesión de golpes sobre unha campá. Emprégase nos timbres eléctricos. Foi ideado por J. P. Wagner en 1837.
-
s
m
[BÉL]
-
s
m
Peza que bate na campaíña dun reloxo para dar as horas.
-
s
m
Chave que se emprega para afinar certos instrumentos de corda.
-
s
m
-
Nome de diversos obxectos ou pezas que teñen unha forma que recorda a dun martelo.
-
[ANAT]
Óso do oído medio que consta dunha cabeza (que se articula coa bigornia), un pescozo, un mango e dúas apófises, unha externa e outra interna. Sitúase detrás da membrana timpánica e a súa función é a transmisión da vibración do tímpano á bigornia.
-
-
s
m
[DEP]
Bóla de ferro unida a un cable de aceiro que se emprega para facer lanzamentos nunha disciplina atlética.
-
[TECNOL]
-
s
m
Nome de diversas máquinas, xeralmente pneumáticas e provistas de brocas ou utensilios moi variados, destinados a picar ou perforar obxectos duros.
-
martelo de caída libre
Martelo de efecto simple en que a elevación da masa móbil se efectúa mediante un sistema mecánico. Pertencen a este tipo os de tablón, en que o rozamento deste con dúas poleas xiratorias alzan a masa, os de correa, onde esta roza coa polea, e os de cadea, en que a masa é alzada mediante unha cadea.
-
martelo de vapor
Mazo en que a masa móbil está unida ao émbolo dun cilindro de efecto simple ou dobre. No primeiro caso, a presión de vapor fai alzar a masa, e no segundo, ademais, engade unha enerxía á súa caída.
-
martelo mecánico
Martelo grande e pesado en que á enerxía de caída da masa móbil se lle engade a que transmite unha espiral que está previamente deformada para a mesma masa móbil no curso da elevación. Este tipo de martelo usábase antigamente nas fraguas.
-
martelo pneumático
Mazo autocompresor en que o aire comprimido produce a elevación da masa móbil e durante a súa caída engade una certa enerxía. Xeralmente, aliméntanse por unha fonte de aire comprimido.
-
s
m