marxe

marxe

(< lat margĭne)

  1. s f

    Franxa de terra, normalmente máis elevada, que hai na beira dunha corrente de auga ou dun camiño.

    Ex: Senteime na marxe do río e quedei durmido.

    Sinónimos: beira, bordo, beira, bordo.
  2. s f

    Franxa de terra que se deixa sen cultivar nun terreo e que forma o lindeiro.

    Ex: Non deixou marxe no terreo e logo discutía co veciño.

  3. s f

    Espacio en branco que separa un texto do límite dunha folla, principalmente a ambos os dous lados.

    Ex: Se queres que che colla máis texto na folla tes que deixar menos marxe.

    1. s f

      Espacio adicional, tolerado e previsible entre dous límites.

      Ex: Tiña unha marxe de cinco días para conseguir os cartos.

    2. s f [ECON]

      Diferencia entre o prezo de coste e o de venda dun produto.

      Ex: A marxe era pouca e non volveu vender os produtos.

    3. marxe comercial [ECON]

      Marxe que resta á unidade económica encargada da distribución dun produto. Inclúe tamén os gastos de venta.

    4. marxe de beneficio [ECON]

      Marxe que resta ao empresario.

Frases feitas

  • Á marxe 1 Sen intervir.

  • 2 Sen ter en conta algo que se menciona.

Palabras veciñas

1 marxa | 2 marxa | marxado -da | marxe | marxeante | marxear | marxiano -na