marxismo-leninismo
(< marxismo + leninismo)
-
s
m
[FILOS/ECON/POLÍT]
ariante do marxismo que concibiu e aplicou Lenin na construción do socialismo en URSS cando alcanzou o poder. Caracterizouse pola consideración de todo problema teórico en termos de práctica revolucionaria e pola clara comprensión de que a mediación decisiva entre teoría e práctica se atopaba na organización revolucionaria do proletariado. As formas desta organización deben ser establecidas de acordo coa especialidade do contexto histórico e as medidas políticas que haxa que levar a termo.
-
s
m
[FILOS/ECON/POLÍT]
Denominación do marxismo tal e como foi establecido teoricamente e, sobre todo, aplicado na práctica con posterioridade á época leninista. Chamado así pola ortodoxia marxista de URSS, tratouse dun corpo doutrinal que, con variantes máis ou menos importantes segundo as tendencias do movemento comunista oficial, ofrecía unha selección simplista e deformada do pensamento de Lenin a base de xeneralizar algunhas das súas observacións particulares, de utilizar fragmentariamente a súa obra ou de unir concepcións alleas, sobre todo stalinistas. OBS: A grafía <x> representa o son [ks].