masai
masai
-
adx
Relativo ou pertencente ao pobo masai.
-
s
[ETN]
Individuo do pobo masai.
-
s
m pl
[ETN]
Pobo africano, do grupo nilótico, que se estableceu nos territorios que rodean o lago Vic22toria, en Kenya e Tanzania, desde o s XVI. Durante o s XIX mantiveron constantes expedicións militares contra os pobos veciños para incrementar o seu gando. A súa economía baseábase na gandería nómade de ovellas, cabras e vacas.