Massachusetts

Massachusetts

Estado do NL de EE UU, situado en Nova Inglaterra (21.456 km2; 6.349.097 h [2000]). A capital é Boston. O relevo vai desde unhas montañas de tipo apalachense, ao O, ata unha penechaira e unha costa moi recortada, ao L. O clima é temperado fresco. A súa economía baséase no sector primario, cunha agricultura e unha gandería moi desenvolvida e unha explotación pesqueira notable. Boston constitúe o porto máis importante da costa atlántica estadounidense. Durante o s XVII moitos puritanos ingleses perseguidos buscaron refuxio na colonia europea de New Plymouth, que se converteu nun foco cultural coa creación da Harvard University (1636) e a publicación do primeiro diario estadounidense, o News-letters (Boston, 1704).