mástique

mástique

(< lat mastĭche < grμαστίχη)

  1. s m [BOT/QUÍM]

    Resina amarelenta, semitransparente, que se obtén por incisión do lentisco.

  2. s m
    1. [AGR]

      Preparado impermeabilizante que se usa para cubrir as feridas das árbores despois da poda e do enxerto e protexelas ata a cicatrización.

    2. [QUÍM/TECNOL]

      Nome de diversas substancias plásticas que se endurecen co tempo, formadas por diversos ingredientes (arxila, litarxirio e aceite de liñaza), que serven para tapar buratos ou xunturas.

  3. mástique asfáltico [CONSTR/ENX]

    Mestura de betume asfáltico con granulado mineral, de consistencia adecuada para poder ser estendida nunha capa moi delgada, que lle dá unha textura lisa á superficie de tránsito do pavimento dunha calzada.

Palabras veciñas

mastigomicota | mastigosoma | mastín | mástique | mastite | Mästlin, Michael | masto-