1 mate

1 mate

(< quechua mati ‘cabaciña’)

  1. s m [PLANTA]

    Árbore perennifolia, de pequeno tamaño, que presenta follas elípticas, dentadas e coriáceas, flores de cor verde e froito baciforme de cor vermella. É orixinaria do SL de América do Sur.

  2. s m

    Follas secas do mate.

  3. s m [ALIM]

    Infusión que se fai coas follas do mate secas, torradas e trituradas ou pulverizadas, que contén mateína, celulosa, azucre, resina, taninos e aceites esenciais. É unha bebida excitante, dixestiva e nutritiva que, concentrada, serve como vomitivo.

Palabras veciñas

Matasueiro | Matatías | mataxuntas | 1 mate | 2 mate | 3 mate | mateína