matón -na

matón -na

(< matar)

  1. adx e s

    Que ou quen presume de valente e forte, e é amigo de pelexas.

    Ex: É un home matón aínda que na casa está dominado pola muller. É unha matona que gusta de ir provocando.

  2. s

    matachín.

  3. s

    Persoa encargada da vixilancia ou protección dunha persoa ou lugar, xeralmente no mundo da delincuencia.

    Ex: O xefe da banda sempre ía acompañado dos seus matóns.

    Sinónimos: gardacostas, gorila.