matrícula
(< lat matricŭla)
-
s
f
Acción e efecto de matricular ou matricularse.
Sinónimos: matriculación. -
-
s
f
Lista ou rexistro privado ou público onde se inscriben legalmente persoas ou cousas para un fin determinado.
-
s
f
Documento que acredita que se está matriculado ou inscrito nun rexistro.
-
s
f
[DER/MAR]
Inscrición identificativa de carácter legal que leva na proa, debaixo do nome, unha embarcación.
-
matrícula de aeronaves /
[DER/AERON]
Matrícula pública que acredita a nacionalidade e a propiedade das aeronaves.
-
matrícula de alumnos
[EDUC]
Matrícula dos centros de ensino en que constan os alumnos admitidos nun curso, nunha materia, etc. Distínguese a matrícula ordinaria, ou normal, non exenta de pagamento, das matrículas exentas de pagamento, con exención total (matrícula gratuíta) ou simplemente parcial (matrícula reducida).
-
matrícula de barcos /
[DER/MAR]
Lista das embarcacións inscritas en cada porto en que consta os detalles que permiten a súa identificación, como o nome do dono e as dimensións do buque.
-
matrícula de comerciantes
[DER]
Matrícula pública en que constan as persoas físicas ou xurídicas que exercen o comercio.
-
s
f
-
s
f
[TRANS/IND]
Placa de calquera vehículo de tracción propia que indica o número que lle corresponde.
Ex: Caeulle a matrícula do coche cando ía pola autoestrada.
-
s
f
Conxunto de persoas ou cousas inscritas.
Ex: Este ano houbo menos matrícula ca outros no instituto do meu irmán.
-
matrícula de honor/honra
[EDUC]
Cualificación máxima e extraordinaria que se obtén nunha materia que xeralmente permite matricularse de balde o curso seguinte na materia equivalente.
-
matrícula de mar
[HIST]
Institución creada polos Borbóns, vixente entre 1730 e 1872, para que os homes de mar serviran na mariña de guerra, xeralmente durante dous anos ou algunha campaña. A inscrición foi obrigatoria para poder navegar e traballar na industria naval, e dos matriculados escollíase aos que debían facer o servicio.