Matsushita Electric Industrial Company
Matsushita Electric Industrial Company
Empresa xaponesa creada en 1935 en Osaka. A súa actividade comprende o sector de equipamentos eléctricos e electrónicos, especialmente de bens de consumo. Na década de 1970 orientouse cara ao campo da informática (Quasar Electronic) e iniciou a captación do mercado europeo. Emprega os nomes comerciais de Technics, National e Panasonic. En España adquiriu a antiga firma Anglo (1973) e constituíu a National Panasonic, que se transformou posteriormente en Panasonic SA.