Mazos, ponte dos
Mazos, ponte dos
Construción situada sobre o río Neira ao seu paso pola parroquia de San Martín de Neira de Rei (Baralla). Construída en cantería e xisto, data do s XVIII e localízase no antigo camiño de Becerreá a Meira. Ten forma alombada e un só van con arco de medio punto.