mecha
(< fr mèche)
-
s
f
Cordón ou trenza de algodón, ou doutro material, destinado a arder en diferentes dispositivos, como candeas, queimadores ou chisqueiros.
Confrontacións: pabío, torcida. -
s
f
[QUÍM/IND]
Dispositivo formado por unha substancia combustible ou explosiva, dunha velocidade de combustión perfectamente determinada, que se emprega para provocar, a distancia, unha reacción explosiva. Consta xeralmente dunha alma de pólvora negra envolta nunha vaíña téxtil protexida contra a humidade. Pode ser de dous tipos: lenta ou rápida. A última, de propagación instantánea, adoita ter unha alma de trilita ou doutra materia explosiva.
-
s
f
[MED]
Tira de gasa que se empregaba como drenaxe de feridas, fístulas ou cicatrices.
-
s
f
Conxunto de pelos de cor distinta á do resto do cabelo.
-
s
f
[ALIM]
Tira de xamón ou touciño, que se mete como recheo noutros alimentos.
-
s
f
Rapidez con que se move ou actúa algo ou alguén.
Ex: Fixo o exame a toda mecha.
-
s
f
[MAR]
-
Especie de espiga grosa e cuadrangular en que rematan os paos dos navíos e que se encaixa na carlinga.
-
Parte do mastro que serve de base ao resto da árbore.
-
Eixe do temón que une a pa coa cana.
-