Mechta-el-Arbi, home de
Mechta-el-Arbi, home de
[ANTROP/FISIO]
Especie fósil que pertence a unha variedade de Homo sapiens que viviu en Magreb no período comprendido, aproximadamente, entre o final do Paleolítico Superior e o Neolítico. Caracterizada por un cranio masivo, xeralmente dolicocefálico, creou numerosas industrias, entre elas a iberomauritánica de África Setentrional. Pola súa similitude co home de Cro-Magnon, supúxoselle unha orixe común, posiblemente localizada no Mediterráneo Oriental.