medalla

medalla

(< ital medaglia)

    1. s f [ARTE]

      Peza de metal fundido ou cuñado, de forma semellante á dunha moeda e traballada en relevo, que está destinada á conmemoración dun feito. Realizadas preferentemente en ouro, prata ou bronce, o seu uso vinculouse coa condecoración de actos deportivos, militares, fazañas ou personaxes ilustres. De uso corrente na Antigüidade, especialmente en Roma, a súa fabricación recuperouse en Italia desde finais do s XIV, da man de artistas como A. Pisano, S. Malatesta, F. Laurana e máis tarde, B. Cellini. Nos países xermánicos destacaron os centros de Nuremberg e Augsburgo con artistas como A. Dürer, ademais de Q. Massys, en Países Baixos e J. Goujon en Francia.

    2. s f

      Chapa ou placa de metal que se pendura do pescozo como adorno.

    3. s f

      Condecoración ou premio que se concede aos mellores participantes en concursos, competicións ou exhibicións.

    4. medalla de bronce

      Premio que se concede nalgúns concursos, competicións ou exhibicións a quen acadou a terceira posición.

    5. medalla de ouro

      Premio que se concede ao vencedor nalgúns concursos, competicións ou exhibicións .

    6. medalla de prata

      Premio que se concede nalgúns concursos, competicións ou exhibicións  a quen acadou a segunda posición.

  1. s f

    Peza metálica cuñada que reúne as características das moedas e das medallas. As medallas de proclamación, cuñadas desde Filipe I con motivo da proclamación dun novo soberano, tenderon desde os tempos de Carlos IV a acadar o valor dalgúns dos tipos monetarios en curso. Tamén se dá este nome ás grandes pezas de ostentación, múltiplos da unidade de ouro, que levan algúns soberanos e que polos seus altos valores non están destinadas a circular.

  2. Mérito ou recoñecemento que se lle dá a alguén.