Medeiros, necrópole de

Medeiros, necrópole de

Necrópole cristiá situada en Monterrei. Foi descuberta en 1985 e datouse aproximadamente no s VI. Está composta por varios sartegos antropomorfos exentos realizados en granito e provistos, nalgúns casos, de tampa decorada e inscricións laterais, e que presentan diferentes tamaños, segundo pertencesen a un adulto ou a un neno.

Palabras veciñas

medeiro | Medeiros | Medeiros, Maria de | Medeiros, necrópole de | Medeiros, Octavio de | Medek, Mikuláš | Medel