mediación

mediación

(< lat mediatĭōne)

  1. s f

    Acción e efecto de mediar ou intervir entre dúas persoas ou máis para facer que se poñan de acordo.

  2. s f [ASTRON]

    Culminación superior dun astro.

  3. s f [RELIX]
    1. Intercesión de Xesús Cristo ante Deus a favor dos homes.

    2. Intercesión da Virxe ante Xesús Cristo a favor dos homes.

  4. s f [DER]
    1. Medio pacífico de resolver os problemas internacionais que consiste no feito de que un terceiro (un estado, unha organización internacional ou mesmo unha persoa privada) interveña entre as partes litigantes, propoñendo unha solución.

    2. Contrato polo que unha persoa está obrigada a pagar a outra unha retribución por indicarlle a oportunidade de concluír un contrato ou por conseguir unha celebración cun terceiro.

    3. Procedemento para resolver os conflitos ou as diverxencias laborais, en especial cando son de carácter colectivo, mediante a intervención de organismos públicos ou de persoas que actúan amigablemente entre as partes enfrontadas e que lles propoñen recomendacións.

  5. s f [FILOS]

    Actividade propia dun axente, dun termo, dunha realidade ou dun principio intermediario. Na filosofía platónica estivo representada polo demiúrgo, e polo termo medio no siloxismo aristotélico. En Hegel, o concepto de mediación supoñía un momento intrínseco do coñecemento, en virtude do que este asume o particular no universal e fai do último un universal concreto.

  6. mediación financeira [ECON]

    Actuación de operadores especializados nun mercado financeiro (merchant bank, broker, dealer), para mediar na negociación entre demandantes e oferentes de activos financeiros. A mediación diferénciase da intermediación no feito de que esta se aplica á actividade bancaria (intermediación de fondos ou de recursos).

Palabras veciñas

Media | media annata* | mediacana | mediación | mediado -da | mediador -ra | medial