mediano -na
mediano -na
(< lat mediānu ‘domedio’)
-
adx
Que é intermedio en canto a tamaño, cantidade, calidade ou intensidade.
Ex: Un home de mediana idade. Viven nunha casa mediana. Fixo un traballo mediano.
-
adx
[ZOOL]
Aplícase ao plano que divide un corpo ou unha extremidade en dúas metades, dereita e esquerda.
-
s
m
medianiño.