mediatización

mediatización

(< mediatizar)

  1. s f

    Acción e efecto de mediatizar.

  2. s f [HIST]

    Incorporación dun país xermánico que depende do emperador a outro estado do Sacro Imperio Romano--Xermánico, en que o novo soberano se converte nun soberano intermedio. No Sacro Imperio había dous tipos de feudos: o feudo inmediato, que dependía directamente do emperador, e o feudo mediato, que tamén dependía del, pero coa mediación doutro señor. A mediatización consistía en facer pasar territorios ou individuos da primeira categoría á segunda, e a súa finalidade foi a de reforzar o poder dalgúns dos países do imperio.

Palabras veciñas

mediastino | mediateca | mediático -ca | mediatización | mediatizado -da | mediatizar | mediato -ta