Medicago
Medicago
[PLANTA]
Xénero de plantas herbáceas anuais ou perennes, da familia das fabáceas, que presenta follas trifoliadas, estipuladas, flores comunmente de cor amarela, dispostas en acios axilares, pedunculadas e froito en legume indehiscente, xeralmente en forma de lanterna chinesa e con espiñas. En Galicia pódense localizar, entre outras, as especies M. sativa (alfalfa), M. polymorpha (herba do rosco), M. lupulina (lupulina) e M. marina (melga de mar).