medroso -sa

medroso -sa

(< lat v *metorōsu < metu)

  1. adx e s

    Que ou quen ten medo ou é propenso a sentilo.

    Ex: É moi medroso e de noite non sae da casa. Son un medroso e non me atrevo a ir só.

  2. adx

    Que denota ou amosa medo.

    Ex: Mostra unha actitude medrosa e desconfiada ante o descoñecido.

Palabras veciñas

medradeiro -ra | Medrano, Francisco de | medranza | medroso -sa | Medua, ponte da | medula | medula