Medusa

Medusa
[MIT]

Unha das tres Gorgonas, a única mortal, fillas de Forcis e Ceto. Posuidora dunha gran beleza, foi transformada nun monstro de aspecto terrible por Atenea, coa cabeza chea de serpes, grandes cairos e unha mirada que transformaba en pedra a quen se atrevese a mirala. Perseo matouna, mentres durmía e, despois de cortarlle a cabeza, ofreceulla a Atenea, quen a empregou para adornar o seu escudo.