megalópole

megalópole

(< grμεγαλόπολις)

s f [XEOG/URB]

Conxunto de metrópoles que forman unha enorme aglomeración urbana. Este termo foi empregado polo xeógrafo Jean Gottmann para designar a fachada marítima do NL de EE UU, que, ao longo duns 800 km de lonxitude, se estende desde Boston ata Washington, pasando por Nova York, Philadelphia e Baltimore. Pódese asimilar o concepto de megalópole ao de conurbación. Tamén é unha megalópole a unión que resulta do crecemento independente de diversas conurbacións, que configuran un espazo de decenas ou centenares de km.