Meirás, pazo de
Meirás, pazo de
Construción situada en Sada. Ergueuse en 1893 sobre as ruínas dunha antiga fortaleza medieval destruída polas tropas francesas en 1809. Do edificio, realizado en cantería de granito, sobresaen tres torres cadradas e ameadas de diferentes alturas, separadas entre si por un vestíbulo e unha capela, da que destaca a súa portada románica. O conxunto está rodeado de xardíns e bosque e cercado por altos muros. Orixinalmente , a propiedade pertenceu á familia Pardo Bazán. En 1939 os coruñeses adquirírona e regaláronlla a Francisco Franco baixo subscrición popular, quen a converteu nunha das súas residencias de verán. En 1978 sufriu un incendio que non afectou ao exterior.