melanose

melanose

(< gr μελάνωσις‘ennegrecemento’)

  1. [PAT]
    1. s f

      Estado caracterizado pola coloración morena dos tecidos, normais ou patolóxicos, impregnados de melanina.

      Sinónimos: melanismo.
    2. melanose de Riehl

      Melanose producida polo alcatrán, os aceites pesados e os cosméticos.

    3. melanose neurocutánea

      Asociación de nevos rexionais e lentixinose múltiple cunha nevomatose das meninxes.

    4. melanose precancerosa

      Melanose polícroma e policíclica que pode dexenerar en melanoma maligno.

  2. s f [BOT]

    Doenza da laranxeira e doutros cítricos producida polo fungo ascomiceto Diaporte citri (Phomopsis citri) que se presenta cando chove moito no verán. Os froitos cóbrense de manchas pequenas que lles dan un aspecto rugoso; en follas, gromos e pólas novas pódense apreciar protuberancias que se cobren de cauchos.