melgacho

melgacho

(< 1 melga)

s m [ANIMAL/ICT]

Nome que reciben dúas especies de peixes condritios do xénero Scyliorhinus, S. canicula e S. stellaris, da familia dos esciliorrínidos. Presentan un corpo alongado e afiado, sen escamas, de cor acastañada con manchas pequenas e escuras, ás veces brancas no dorso, costas e aletas. Aliméntanse fundamentalmente de moluscos e crustáceos. A principal difereza entre ambas as dúas especies é, principalmente, o tamaño, xa que S. stellaris pode alcanzar os 160 cm mentres que S. canicula só chega aos 100 cm. Viven sobre fondos de area e fango.

Sinónimos