meloeiro -ra

meloeiro -ra

(< 1 melón)

  1. s m [PLANTA]

    Planta herbácea anual, monoica, pilosa, que presenta xeralmente talos rastreiros e híspidos, aínda que tamén os hai gabeadores. As follas son orbiculares ou reniformes, cordadas e lixeiramente lobuladas e as flores son solitarias e de cor amarela e o froito é o melón. É de orixe asiática e foi cultivada xa polos exipcios e romanos. Precisa terras fértiles, dunha textura areosa ou limosa, temperaturas altas, regas abundantes e moito sol.

  2. s

    Persoa que comercia con melóns.

Palabras veciñas

melodrama | melodramático -ca | Meloe | meloeiro -ra | meloido -da | Melolontha | melomanía