Memorial
Memorial
[HIST]
Obra que escribiu, entre outros, o marqués de Mos no s XVIII onde se opoñía ao desposuimento foral e pedía a perpetuidade do foro. Coincidía coa Xunta do Reino de Galicia na petición do cesamento dos desposuimentos e a obriga de renovar os foros nos descendentes, que ningún propietario directo puidese aplicar no seu favor as terras vacantes agás en caso de necesidade do dono, e que non se permitise o aumento das rendas.