Mendo
Mendo
-
[ONOM]
Antropónimo masculino que ten a súa orixe no nome persoal Hermenegildus, forma latinizada medieval do nome xermánico Hermenegild. Mediante un proceso de aférese pasou a Menegildus, e despois a Menendus, por influencia dos nomes rematados en -sindus como Gumersindo ou Rosendo. Presenta a variante apocopada Men.
-
[HIST/HERÁLD]
Liñaxe que leva, en campo de goles, sete besantes de ouro colocados en tres faixas de tres, un e tres; bordo de ouro, cheo. Outra variante trae, en campo de ouro, dúas faixas de azul.