Mendoza

Mendoza

Provincia de Arxentina, situada na rexión Andina, facendo fronteira con Chile (148.827 km2; 1.573.671 h [2001]). A súa capital é Mendoza. Nesta provincia localízanse as cimas (Aconcagua, 7.032 m de altitude) e os pasos (Paso de la Cumbre, 4.064 m de altitude) máis elevados dos Andes. A agricultura baséase no cultivo de vide, que representa a produción máis elevada do total de América Latina. É importante a gandaría de porcos, cabalos e vacas.