mensual
mensual
(< lat mensuāle)
-
adx
Que ten lugar unha vez por mes e que se repite todos os meses.
Ex: Están editando unha revista mensual moi interesante. O médico faille unha visita mensual.
-
adx
Que dura un mes.
Ex: Fixéronlle un contrato mensual nunha empresa de tapizados.
-
adx
Que se paga ou se cobra mensualmente.
Ex: Aquí o pagamento do recibo da auga é mensual. Recibe unha prestación mensual.