menxevique
menxevique
(< fr menchevik < ruso men’shevik ‘un da minoría’)
-
adx
Relativo ou pertencente aos menxeviques.
-
s
[HIST/POLÍT]
Membro da facción do Partido Obreiro Socialdemócrata Ruso que ficou en minoría no segundo congreso do devandito partido (1903). A tese principal dos menxeviques era que os socialistas rusos tiñan que buscar adhesións dos elementos progresistas da burguesía con tal de implantar a democracia política en Rusia. Logo do triunfo bolxevique, foron postos fóra da lei.