Mercure de France

Mercure de France
[PUBLIC]

Revista literaria fundada en París en 1890 por Alfred Vallete que actuou como voceira da escola simbolista, aínda que tamén estivo aberta a outras correntes e a outros escritores (entre eles os que posteriormente crearon outros grupos ou revistas como a Nouvelle revue Française). Antolóxica, crítica e informativa, cumpriu un papel importante na cultura europea, que aumentou coa creación e a actividade da casa editorial homónima.

Palabras veciñas

Mercouri, Melina | Mercouris, Maria Amelia | mercromina | Mercure de France | mercurial | Mercurialis | mercurialismo