Meridiana, Depresión

Meridiana, Depresión

Conxunto de depresións, instaladas sobre fosas tectónicas de dirección N-S, que se estende aproximadamente desde o concello de Carballo ata o de Tui ao longo de máis de 200 km. Ten a súa orixe na intensa fracturación que sufriu o relevo galego no Herciniano. Na parte máis setentrional, as redes fluviais seguen a dirección da fractura, mentres que os ríos Tambre e Umia a cortan perpendicularmente atravesando os seus diferentes chanzos. A importancia para o home radica na canalización natural das vías de comunicacións.

Palabras veciñas

Mérida | Mérida Rojas, Victoria | meridiana | Meridiana, Depresión | meridiano -na | meridional | Meridional